As Crónicas de Landereina teñen moitos personaxes. Aquí tes unha lista de todos eles, por orde alfabética.
Ollo! Se non liches aínda Bágoa de Lúa ou Feitizo de Sangue, ten en conta que o que aquí atoparás che pode destripar algunha parte do libro...
Se segues lendo, é baixo a túa responsabilidade!
Velaquí os personaxes dende o principio das Crónicas, por orde alfabética:
A
Alfhildr
Elfa xefa de Laitale, aldea dos elfos de Etlual. É a irmá de Bjarne
Arcadinio
Rei de Landereina, fillo de Argun II e Griandria. Irmán de Brinadria. Casado con Bernia de Livelam. Pai de Benergard, Berthel e Bendiargo. Custodio da Pedra de Lúa
Argun II
Casado con Griandria, é o pai de Arcadinio e Brinadria. Derrotou o usurpador Wiasmau en 1124. Fillo de Argun e Cercímone
B
Bel en neë Gwilithn Eavaer
Literalmente, "Bel, a do corazón de Lúa", deusa das amazonas
Bendiargo
Irmán máis novo de Benergard e Berthel, fillo do rei Arcadinio e de Bernia de Livelam
Benergard
Fillo de Arcadinio e Bernia de Livelam, irmán maior de Bendiargo e Berthel. Casa con Ordandina e ten un fillo, Bogardo, que o sucederá como rei de Landereina
Berenguela Bréagach
Filla de Siastia, princesa da dinastía dos Gheiroez. Medra afastada da súa nai cando aos catro anos esta a manda vivir con Cátaba e Bunm. Descobre a súa procedencia real aos catorce anos, tras a morte da súa nai
Bernia de Livelam
Muller de Arcadinio, nai de Benergard, Berthel e Bendiargo
Berthel
Fillo de Arcadinio e Bernia de Livelam, irmán mediano de Benergard e Bendiargo
Biali
Centauro novo do bosque de Etlual
Bjarne
Elfo de Laitale, irmán de Alfhildr
Bogardo
Casado con Sirbaia. Pai de Siastia e Onh, avó de Berenguela. Sucede ao seu pai, Benergard, como rei de Landereina
Breihm Svikari
Amigo da infancia de Bunm, que vive nunha cabana ao lado do muíño na ría de Urd. Tras o incendio da cabana de Cátaba e Bunm, sae á procura de Berenguela e Güenaela por sentirse responsable de que o libro dos Gheiroez chegase á traidora
Breizo
Centauro do bosque de Etlual
Brinadria
Infanta, irmá de Arcadinio e filla de Argun II e Griandria
Bunm
Pescador, marido de Cátaba, pai adoptivo de Berenguela
C
Caërne
Nai de Cátaba
Cátaba
Amazona amiga de Siastia que cría a Berenguela coma a súa filla. Muller de Bunm
Ciemni
Centauro do bosque de Etlual
Cleo
Doncela do palacio de Benergard. Foi coidadora súa e de seus irmáns de pequenos
Clogh
Xigante de pedra de Svörie que protexe a ponte colgante no camiño cara á aldea dos sabios
D
Dárdanos
Vello feiticeiro ao que recorre Bernia para activar a Pedra de Lúa para responder ao seu sangue. Posúe o Engaste de Dar, herdanza familiar que completa a pedra ao permitir controlar os exércitos kaihunn
Daria
Meiga que adestrou a Willamar na maxia
Darmaam
Meiga da familia Dar ao servizo da traidora
Derdriu
Dona do pendello onde Berenguela, Güenaela e Gan se ocultan a primeira noite en Porto Der, esposa de Siorus
Dumfar de Gheiroez
Pai de Gunidar. Rexente contra quen se levantou o pobo, animado pola nobreza, a principios do século XI, dando orixe posteriormente á Era Segunda de Gheiroez
E
Eglantea
Filla segunda de Willamar e Kybba, irmá de Egun, a quen Willamar culpa da morte da súa esposa durante o parto. Eglantea coñecerá, por casualidade ao rei Gunidar, de quen se namora
Egun
Primoxénito de Willamar e Kybba, irmán de Eglantea e o seu único confidente
Êlekva
Gran meigo que vive no claro de Ghekla. É o designado para protexer a Berenguela en caso de perigo
F
Felicia
Ferreira e armeira. Ex-amazona que vive en Sunnaüp, fabrica a primeira espada de Berenguela, regalo de Cátaba e Bunm
G
Gamal
Sabia anciá de Svörie, moi dura de oído
Gan Adalwin
Mozo guerreito huntai, acollido de neno por Maeloc, que acompaña a Güenaela e a Berenguela na súa viaxe
Gheiroez
Dinastía real de Landereina
Guela, Gueliña
Nome familiar de Berenguela
Gunidar
Rei de Landereina, fillo de Dumfar, que se namora e casa con Eglantea
Güenaela Draiochta
Pequena druída, filla de Güenn. Acompaña e axuda a Berenguela na súa viaxe cara a Ghekla
Güenn Draiochta
Druída amazona da aldea de Gabaia, nai de Güenaela e amiga Siastia, que morre no ataque kaihunn a Gabaia
H
Huntai
Pobo guerreiro cuxo nome significa ‘guerreiros do bosque’, formado por homes de todo tipo adestrados para a guerra, que apoiaron os Gheiroez na súa loita por recobrar o poder arrebatado polos nobres, pero que anos despois renegaron da coroa
I
lkeä, Señora
Nai de Willamar e avoa de Egun e de Eglantea. Múdase durante uns anos a Ait Clamac para coidar da pequena Eglantea
Ístava
Sabio de Svörie, mestre de Wiasmau durante a súa aprendizaxe na illa
K
Kaihunn
Ogros guerreiros procedentes das montañas Kaii, límite do reino ao norte. Están ao servizo dos usurpadores de Landereina e da traidora, que os controla grazas ao Engaste de Dar
Kybba
Esposa de Willamar, nai de Egun e de Eglantea, que morre tras o parto desta
M
Maeloc Gawain
Xefe dos guerreiros huntai, pai secreto de Berenguela, a quen esta recorre en busca de axuda por indicación do mago Êlekva
Maëriss
Rexedora da aldea de Gabaia e conselleira da Tríade Amazona
Mishrae da Cala do Berce
Vello veciño de Cátaba e Bunm que queda ao coidado do seu gando cando deben marchar acompañar a Berenguela e Güenaela
O
Ohn
Principe herdeiro de Landereina tras a renuncia de Siastia. Pertence á dinastía Gheiroez: é o irmán menor de Siastia e tío de Berenguela
Ordandina
Esposa de Benergard e nai de Bogardo
P
Poissa
Sabio de Svörie, parella de Uhri
P
Quno
Irmán de Maëriss, capitán de O Irmán, barco no que transporta a Berenguela, Güenaela e Gan a Svörie, ocultando as súas verdadeiras intencións
Raúl
Un dos paxes enviados por Bernia para recoller a Dárdanos na súa casa e levalo a Landereina
Renn
Sabia de Svörie, que presenta a Ístava na cea de recepción de Wiasmau á súa chegada a illa
Roselda
Taberneira da Curuxa Tola
S
Siastia Bréagach
Amazona, nai de Berenguela. É a princesa da dinastía dos Gheiroez, filla de Bogardo e Sirbaia, irmá de Onh. De nova, deserta e marcha vivir como amazona en Gabaia. Morre a mans dos kaihunn, por orde da traidora
Siorus
Dono do pendello onde Berenguela, Güanela e Gan se ocultan a primeira noite en Porto Der, marido de Derdriu
Raíña de Landereina, nai de Siastia e Onh, avoa de Berenguela
Sirvian
Autor do libro que Berenguela comeza a ler na cabana de Breihm e que este lle regala
Szaros
Xefe dos centauros de Etlual que axuda a Berenguela e Güenaela
U
Uhri
Sabia de Svörie, parella de Poissa, que revelou a Wiasmau, baixo o influxo do fírine, o agocho da Pedra de Lúa
V
Vidkaäge, Señor (Lesandi)
Velliño que vende libros e pergamiños no feirón de Sunnaüp
Vidkaäge, Señorita
Institutriz de Benergard, Berthel e Bendiargo
W
Waage, Señor
Encargado das cortes e das cocheiras de Enderth do Sur
Vendedora de amuletos no feirón de Sunnaüp
Wiasmau
Feiticeiro que usurpou o trono de Landereina a Argun I durante 46 anos, tiranizando as súas terras grazas ao poder da Pedra de Lúa. É vencido por Argun II
Willamar Ílkëa
Nome verdadeiro de Wiasmau, antes de se converter nun feiticeiro
Falta algún? Espero que non! Pero se é así, podes avisarme cun email!