Esta historia fantástica narra as aventuras de Berenguela e os seus amigos para salvar o reino de Landereina, ameazado cunha nova era de tiranía e escuridade, parella á vivida décadas atrás a mans do malvado Wiasmau. Alguén está a recuperar os fragmentos que conforman o poderoso amuleto ao que chaman Pedra de Lúa, alguén avanza polo reino deixando ao seu paso aldeas en ruínas e un regueiro de morte, alguén segue os pasos da pequena amazona e os seus amigos.
Quen está detrás da invasión de Landereina? Quen lle poderá parar os pés? E como?
Descubre máis sobre o reino de Landereina e sobre os personaxes de Bágoa de Lúa aquí!
As Crónicas de Landereina. Libro I: Bágoa de Lúa
Sinopse: Durante corenta anos, Landereina sufriu baixo o poder do malvado Wiasmau. O reino xa está recuperado, pero a historia está a piques de se repetir, a menos que alguén consiga destruír a poderosa Pedra de Lúa.
Nunha pequena cabana, nunha praia esquecida do mundo, Berenguela descubrirá que o seu destino é moi distinto ao que sempre pensara. Descubrirá que salvar o reino pode estar nas súas mans.
Nunha pequena cabana, nunha praia esquecida do mundo, Berenguela descubrirá que o seu destino é moi distinto ao que sempre pensara. Descubrirá que salvar o reino pode estar nas súas mans.
Páxinas: 223
ISBN: 978-84-9865-487-5
As Crónicas de Landereina. Libro II: Feitizo de Sangue
Sinopse: Mentres a malvada man que pretende facerse co control do reino segue xuntando as partes da Pedra de Lúa grazas ao sangue de Ohn, príncipe de Landereina, Berenguela e Güenaela deixan atrás o bosque de Etlual para partir na procura do terceiro feitizo, o que destruirá para sempre a maxia do poderoso amuleto.
En Svörie, a illa dos sabios, descubrirán os segredos da súa montaña, do seu poder e, tamén, de como o pasado uniu o destino dos Gheiroez e do malvado Wiasmau.
Data de publicación: xaneiro, 2015
Páxinas: 264
ISBN: 978-84-9865-580-3