Foto de Janite |
Nacín en Burela en 1981 (aínda que daquela nos nacían en Lugo) e dende hai xa uns cantos vivo en Vigo.
Vin a Vigo a estudar Tradución e Interpretación, a carreira máis próxima aos libros que se me ocorreu e logo, agás por un aniño facendo un máster en edición na capital, din en quedar. Non é que quedase moi preto dos libros, pero resistinme a alonxarme, aínda que o meu traballo actual pouco teña que ver con eles.
Traballo aparte, colaboro coa Revista Dot facendo ilustracións, ocupo o tempo debuxando, blogueando e, sobre todo, escribindo, claro!
Bágoa de Lúa é o meu primeiro libro.
Se queres seguirme, aquí tes varias opcións!
O meu blog: Gramática de Corpos
Aquí podes subscribirte ao RSS deste blog.
Lémonos!