Landereina


As terras de Landereina forman un pequeno reino limitado polo mar en todo o seu contorno, agás polo norte, onde o acceso aos reinos colindantes se limita practicamente a dous pasos transitables ao leste das perigosas Montañas Kaii e ao oeste pola escarpada Cadea Sophesiw. Na súa extensión, atopan o seu fogar xentes, ananos, centauros, elfos e outras criaturas.

Descubre os lugares de Landereina!



As terras de Landereina

Svörie
Illa separada do continente polo estreito de Svörie, fronte ao paso de Livelam. É unha illa montañosa, de neves case constantes, na cal vive a tribo de sabios máis importante do reino. Considérase lugar de peregrinaxe, culto e protección da sabedoría e maxia máis antigas do reino. É o lugar de orixe da Pedra de Lúa

Tríade Amazona
Nome que recibe a coalición das tres aldeas amazonas ubicadas no centro de Landereina: Liebaia, Gabaia e Baial

Tíítîm
Comarca dos ananos, rica en minas, pouco transitada por humanos

Rudespielle
Pequeno bosque perigoso preto do río Uann e do Lago Siw habitado por bestas máxicas. É terra de bandidos e violentos ladróns

Hunn
Aldea dos guerreiros Huntai, á beira do lago Loghlac


No bosque de Etlual...

Etlual
Bosque perigoso no centro do reino, case descoñecido para os humanos e poboado por seres fantásticos e maxia, no cal se atopa o claro de Ghekla. O río Escuro divídeo en Etlual Oeste e Etlual Leste

Lago de Etlual
Pequeno lago do centro do bosque de Etlual, formado polo río Escuro e a carón do cal se atopa o claro de Ghekla

Río Escuro
Río que atravesa o bosque de Etlual e o divide na súa parte leste e oeste. Forma tamén o lago de Etlual

Claro de Ghekla
Claro preto do lago que forma o río Escuro, no boque de Etlual. Leva o nome do meigo Ghan Ghekla, quen en tempos remotos creara o claro tras cortar todas as árbores para construír unha torre desde a que dominar o bosque, o que foi impedido polos centauros

Laitale
Poboado élfico ao norte do claro de Ghekla, en Etlual Oeste
  
As vilas

Landereina
É o nome tamén da capital do reino, situada no extremo leste, na costa. É unha vila grande e formada por outeiros, no curuto dun deles álzase o castelo real

Sunnaüp
Vila de Landereina próxima á praia na que viven Cátaba e Bunm na costa oeste

Baliput
Cidade universitaria de Landereina. Unha das máis grandes do reino, situada na ría de Urd

Enderth do Leste
Vila ubicada ao sur do reino, entre a ría de Burnau e a de Loga

Enderth do Sur
Vila ubicada ao suroeste de Landereina, a carón da ría de Urd

Faro Erth
Terra onde traballou Breihm de novo e lugar de retiro da infanta Brinadria ubicada na mesma península que a vila de Landereina, ao remate da ría de Loga

Clamac
Pequena vila a carón do lago Loghlac

Ait Clamac
Nome que recibe a área rural ás aforas de Clamac, á beira do lago Loghlac

Porto Der
Vila mariñeira ao norte da capital do reino, un dos portos de embarque dende os que chegar a Svörie

Enderth do Sur
Pequena vila costeira ao sur de Etlual Oeste, lugar de mariñeiros e comerciantes
  

Nas fronteiras de Landereina...

Cadea Sophesiw
Montañas onde viven sabios e druídas, situadas sobre o lago Siw, ao oeste do Canón de Irku e ao leste do Paso Chau, no límite noroeste do reino

Kaii
Montañas de orixe dos ogros kaihunn, situadas ao norte do reino

Irku Buhí
Pico máis alto das montañas Kaii, a carón do Canón de Irku

Livelam, paso de
Estreito chau que une Landereina con Livelam ao leste, bordeando as montañas Kaii e fronte a Svörie.

Livelam
Reino ao nordeste de Landereina, separado desta polo chamado Paso de Livelam, unha chaira fronte ao estreito de Svörie que permite o acceso evitando as montañas Kaii
Ríos e lagos

Lago Loghlac
Lago máis grande do reino, formado polo río Logh. Na súa orela atópase a vila de Clamac e o poboado dos guerreiros huntai, Hunn

Lago de Etlual
Pequeno lago do centro do bosque de Etlual, formado polo río Escuro e a carón do cal se atopa o claro de Ghekla

Río Duur
Río de Landereina, preto da aldea de Gabaia

Río Tuaur
Río de Landereina, preto da aldea de Gabaia. Pasa a chamarse Río Escuro ao chegar á Tríade Amazona

Río Uann
Río que forma a fronteira ao oeste da aldea amazona de Liebaia coas terras de Rudespielle

Río Logh
O río máis ao leste de Landereina, que desemboca na Ría de Loga

Río Escuro
Río que atravesa o bosque de Etlual e o divide na súa parte leste e oeste. Forma tamén o lago de Etlual

Ría de Urd


Desembocadura na que se unen os ríos Uann, Duur e Tuaur