09/04/14

Visitas na Mariña


Remato a crónica da última semana de marzo coa visita a dous centros moi especiais.

O día 28 estiven falando de Bágoa de Lúa  no que foi o meu instituto, o Monte Castelo de Burela (mellor non pensemos canto fai diso). Foi unha moi boa visita, coa ilusión engadida de volver pasear polo centro e ver que tampouco cambiaron tanto as cousas.


Só un anaco despois, puxen rumbo ao IES Marqués de Sargadelos, outro instituto especial, xa que o seu orientador é o meu pai (ola Papáaa!). Eu teño poucas fotos da visita, pero botade un ollo á presentación de agradecemento que fixeron (véndoa acábome de decatar de que xesticulo un mon-tón!). Moitas grazas!!


Foi unha charla xenial, con moitas preguntas e da que xurdiron grandes ideas! Espero que poidamos falar do libro cando o leades, se queredes! :)

Grazas a todas e todos por un día tan especial!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que te contas?