25/03/14

Novos encontros con Bágoa de Lúa

Xa sei que hai moito que non aparezo por aquí, pero está a cousa liada, que vos vou contar!

Ademais, esta semana téñoa completiña, a verdade:

Comezamos co Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Se aínda non fustes non sei a que esperades! Está do 14 de marzo ao 5 de abril. Eu estarei o xoves día 27, ás 10:30, falando de Bágoa de Lúa e das primeiras páxinas do 2º libro das Crónicas cos rapaces e rapazas do IES Torrente Ballester.

O venres 28... visita á casa! Primeiro pasarei polo meu antigo instituto, o IES Monte Castelo de Burela, e logo achegareime a San Cibrao, ao IES Marqués de Sargadelos. Desta volta levo presentación... a práctica de facela terá que ir vindo! :D

Lémonos!

2 comentarios:

  1. Ola Sabela. Son Luz, profesora de inglés do IES Marqués de Sargadelos. Só falamos un anaquiño antes da túa presentación de Bágoa de Lúa na biblioteca do noso centro. Mágoa que na hora da túa ´charla tiña clase e non puiden quedarme pero prometo ler o libro de pé a pa a ver si me engancho ás Crónicas de Landereina.
    Deséxoche moita sorte na túa andaina literaria e no estreo da segunda parte de Crónicas.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola, Luz! Moitísimas grazas polos teus desexos e polo teu comentario :) Espero que che guste e non dubides en contarme que opinas! Tamén espero poder volver polo instituto cando os/as rapaces/zas lean o libro, a charla foi unha gozada mesmo sen o teren lido, así que confío en que terán moito que contarme. Unha aperta!

      Eliminar

Que te contas?