Hai premios curiosos.
E un deles, para min, é o Premio Muíño do Vento de textos de contraportada. Este premio, organizado pola Asociación Sociocultural de Canido (Ferrol), Muíño do Vento, ten en conta unhas liñas que a cotío pasan desapercibidas e, sen embargo, son moi importantes: moitas lecturas decídense só con elas, sen importar todo o contido impreso no interior da obra.
Este ano, na súa segunda edición, un dos finalistas é o meu Bágoa de Lúa, e é unha grande alegría. Canda min, están os textos de A illa de todas as illas, de Xabier P. Docampo, A Terra Queima, de Lalo Carnota e Xurxo Souto, e O Castañeiro de Abril, de Antonio Manuel Fraga. Sorte e noraboa a todos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que te contas?