20/02/14

O rap de Bágoa de Lúa


O outro día contábavos das charlas que fun dar ao IES Pintor Colmeiro de Silleda e ao IES Daviña Rei de Monforte. Desta última, facía unha "nota mental" para lembrar pedir unha copia do rap que escribiu unha alumna  (Mimí) e que me cantaron en directo.
Pois, por incrible que pareza, lembrei preguntar e enviáronme estes enlaces de pouco despois. Como vedes, no blog de normalización deste IES colgaron varias entradas sobre a miña visita... Rap incluído!

Aquí tedes a nova da miña visita, as fotos e  o rap de Bágoa de Lúa :)

Moitas grazas!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que te contas?