Ese é o meu recuncho, dende o que escribo estas liñas. Dende o que escribo (case) todas as liñas. Supoño que vou algo en contra do estereotipo de desorde que se comenta dalgúns escritores...
A lámpada alumea dende a dereita porque son zurda. Se tedes a lámpada á dereita e non sodes zurdos ides mal, que vos vai facer sombra.
Na estantería, caixas de cadernos, de cousas de fotografía, de selos. Nos arquivadores hai apuntes e papeis: os de Landereina ocupan o da esquerda, o da dereita ten o resultado de obradoiros literarios e clases de alemán, francés e debuxo. Os outros arquivadores son de cómics. Fóra da foto, máis á dereita, todo son libros e caixas de materiais de pintura.
Ensínovos o meu "estudio" porque é onde estou a pasar todas as miñas tardes. Ando ben atarefada, dándolle ao teclado, contando estas historias da miña cabeciña e teño moitas ganas de seguir avanzando e de que pronto cheguen a vós.
En fin, non é que sexa moita novidade, pero a iso ando.
Ah, e pronto tocan visitas a institutos varios por Galicia adiante... así que igual nos vemos!
Mentres tanto, lémonos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que te contas?