Aló van as vacacións! Espero que as aproveitasedes e as disfrutasedes.
Pola miña banda, confeso que con tanta troula familiar non din lido apenas nada do que vos dixen, polo que o meu monte de libros segue a me ollar con vileza...
Irémoslle dando, pouco a pouco, porque o máis urxente e importante é volver a Etlual, coller a Berenguela e Güenaela da man e guialas ata un feitizo... Tamén me espera unha viaxe ao pasado, a antes da creación da Pedra de Lúa, para contarvos como raio comezou toda esta historia.
E dá que facer pero, tanto como custa, mola. Así que, por favor, tomádeo como motivo de ausencia se vedes que me prodigo pouco. Ando por aquí, tecleando, e argallando novas cousas que amorsarvos.
Feliz ano!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que te contas?