17/09/13

O nacemento de Landereina

Libretas, folios, máis libretas, follas soltas con borranchos, mapas, follas impresas con posibles parágrafos...

A creación de Landereina trouxo consigo un bo feixe de papeis. Non sei se vos pasa, pero ás veces, cando non se apunta algo, esquécese rápido. Eu apunto moitas cousas e, no caso de Bágoa de Lúa (e os dous volumes que a seguen, claro) tiven que anotar aínda máis.

Fun anotando anacos da historia cando non era nin sequera un proxecto de libro. Fun escribindo partes de argumentos e os cambios que lles ía facendo, puxen en limpo aquelas ideas que xurdían de súpeto e en mal momento e nalgún lado había que poñer. Teño unhas follas coa a liña cronolóxica toda para non me perder coas idades dos personaxes, etc.

Todo iso, foi parar a papeis. Algúns foron quedando obsoletos, outros sigo a utilizalos e estiveron moito tempo pegados na parede do meu estudio. Xa non o están, pero non porque non os precise, senón porque tiven goteiras (e gordas) no meu estudio, pero pronto volverán ao seu sitio!

Penso que agora todo está máis ordenado. Ás veces, está reapuntado, para ter todo á man nun monte máis abarcable de información, pero está aquí, dende onde vos escribo, á miña dereita, á man para seguir contándovos esta aventura.

Lémonos!

2 comentarios:

  1. Sabela para cando a segunda parte das Crónicas?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Nesas estamos! Faise de rogar, pero está en camiño :) Manterémosvos informados, pero aínda non hai data.
      Grazas por pasar por aquí. Apertas!

      Eliminar

Que te contas?