Hai tempo que quería poñer en imaxe o que teño eu na miña cabeza sobre a espada de Berenguela.
A espada é, alomenos para min, un elemento esencial na historia: é o símbolo do camiño que deberá andar Berenguela. Para ela, é a realización do que sempre quixo (mesmo se lle dá algo de medo, pero a quen non?) e eu penso que é significativo que sexa un agasallo da súa nai adoptiva.
Por iso, xa que me puxen coa lingua antiga, quixen escribir o texto que aparece gravado na arma. Mesmo se este alfabeto estraño o inventei eu, aínda me é complicado montar frases, pero isto é unha boa práctica.
Lembrades o texto? É este:
«Vill Gwilith gwør Twörv vererde Twoeg gehaabe ev,
es Eavaern Lile ael ij gwør nea Zoe.
Kuür w Padær nea ijke Faddr, Berenguela»
Que viña significando: «Coma a lúa guía ao sol para que volva ser día, os soños do corazón guiarante na vida. Sorte e felicidade no teu destino, Berenguela».
Por agora, puiden facer a primeira parte, ata a coma, e púxena algo xeitosa para poder amosárvola:
Que vos parece? Gustaríavos saber máis sobre a lingua antiga? Dicídeme, eu cóntovos!
Lémonos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que te contas?