09/07/13

Bágoa de Lúa na Feira do Libro de Vigo

Como xa vos avisara no noso Facebook e no Twitter, este sábado 6 de xullo, na Feira do Libro de Vigo, presentamos Bágoa de Lúa, primeira parte de As Crónicas de Landereina.

Foi un día de tremendísimo calor en Vigo e aínda así veu un montón de xente! Non cansarei de dar as grazas a todos os que pasaron por alí, á miña familia, por suposto e, como non, a Francisco Castro e a Ledicia Costas, que me deixaron sen palabras cos seus fermosos discursos.
 A verdade é que estiven nerviosa, emocionada, acelerada... Foi un cúmulo de emocións e gardo o recordo de non parar de sorrir en ningún momento.

Despois da presentación, estiven asinando libros na caseta da Editorial Galaxia. Levei o selo que fixen para a ocasión e adiquei uns cantos exemplares! E ao rematar, fixéronme unha entrevista para Libros Lectureka!, un blog xenial sobre libros que vos recomendo! Se queredes ver a entrevista, podedes ir á galería ou clicar aquí.


Déixovos unhas fotiños do momento! E se non puidestes pasarvos... se cadra podedes vir á próxima. Será na Feira do Libro da Coruña, mantereivos informados!



2 comentarios:

  1. Ola Sabela, son María e quero contarche que empecei a ler o teu libro e estou enganchada a el, e ademais a miña neta de 3 anos xa o recoñeceu no escaparate da librería Bahía de Foz. Dixo: ese libro é da abuela!Así que nada, noraboa e moita sorte nesta nova etapa!!Quedo agardando pola 2ª parte!!
    Apertas dende Burela!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas, María! Espero que che guste :) Moitas apertas!

      Eliminar

Que te contas?